miércoles, 27 de febrero de 2013

mapas conceptuais: prever a informaçom, aprender a organizar-se


Ecco una piccola mappa concettuale: servono per organizzare
le idee e puntare più sicuri sulla costruzione del testo.
Questa appunto costruita come base per una pre-attività
orale dalla quale prende spunto poi lo scritto.
SEMBRA OVVIO MA NON LO È: A VOLTE LAVORARE
LA SCRITTURA SIGNIFICA MOLTE ATTIVITÀ ORALI.
L'integrazione delle strategie è necessaria. Non farla fuori dall'aula...

8 marzo: lectura pública multilingüe



RECITAL MULTILINGÜE NO DÍA DA MULLER TRABALLADORA: VENRES, 8 DE MARZO, VENTO DO SUL (LIBRERÍA TORGA), A PARTIR DAS 19:30
Ola!
O Grupo de Traballo, “Ler para escribir”, integrado por 5 docentes da escola (Ana R., Berta S., Jose M., Mat e Rut) quere convidarvos a participar nunha actividade de lectura pública de textos sobre a muller nas distintas linguas da escola. O recital desenvolverase o vindeiro venres, 8 de marzo, a partir das 19:30 en Vento do Sul (antiga Torga, enfronte do Teatro Principal).
Trátase de que participedes lendo algún texto sobre a muller na lingua de estudo. Pode ser un simple titular, parte dunha nova ou artigo de xornal, unha cita, un fragmento dunha novela, unha pequena escea teatral, unha poesía, unha canción, unha forma escrita calquera…
Queremos
ler en voz alta nos distintos idiomas: individualmente, en parelllas, por grupos e alternando as linguas
transmitir mensaxes sobre a muller, a lectura e a escrita de/sobre muller. Mulleres con voz pero pouco escoitadas nos espazos públicos comúns
escoitar o son das palabras ditas nas distintas linguas sen traduccións inmediatas
sacar os idiomas fóra da escola, fóra das paredes dunha aula.
Se queredes participar e tedes xa un texto en mente, mandádenolo a lerparaescribir@gmail.com, se pode ser dentro do 1 de marzo, para termos tempo de editalo, fotocopialo e distribuilo no recital.
Senón… ASISTIDE E PARTICIPADE NESTA MOSTRA DA NOSA PEQUENA BABEL EN FEMININO!